Blogia
Andresadas

Dark Water... Terror á xaponesa e remake á americana...

Dark Water... Terror á xaponesa e remake á americana...

Xa un pouco cansadiño dos remakes... Todos acaban vendo a película americana... E, se a xaponesa deixa o seu que desexar, non me quero nin imaxinar coma será a americana... Moito efecto especial, moita carallada, pero ó final rouban ideas, argumentos e ilusións...

Pois eu penso falar da película xaponesa, que por outra parte é a que vin. A historia fala dunha muller que o pasou moi mal durante a súa infancia... A súa nai era moi egoísta, e non pensaba máis que en si mesma... Descoidaba da súa filla e nunca a ía buscar á gardería... Agora coa súa filla, ela non quere que pase o mesmo... Tras divorciarse do seu marido, a muller goza da compañía da súa filla Ikuko, unha mociña de tan só 6 aniños. Múdanse cara outra casa, aparentemente en bo estado... De súpeto, descobren unha goteira, que se expande de maneira sospeitosa por toda a casa... Por outra banda, a nai, preocupada por atopar traballo e pola disputa co seu marido pola custodia da nena, Ikuko queda esquecida en certa medida pola nai, e comeza a ter amizade cunha nena misteriosa... Mentres, a goteira séguese expandendo... Unha carteira vermella aparece no tellado do edificio novo onde elas viven... despois aparece no cubo de basura... logo volve a aparecer no tellado... Despois tena Ikuko no seu ombreiro.... De quen é esa carteira? Que pasa coa goteira?...

O meu parecer, a película faise un pouco lenta, xa que non transcorre nada de interese durante os primeiros corenta minutos, a acción comeza máis tarde... A música está moi lograda para suscitar tensión, e levas un par de sustos considerables, pero... Isto non é terror, nin moito menos... Realizada polo escritor Suzuki e o guionista Hiroshi entre outros, creadores entre outras de películas coma The Ring, A maldición e Chamada Perdida... Case todas cos seus respectivos remakes americanos, por desgraza, o que fai que os que vaian ó cine vexan un producto copia, en vez de o orixinal... De todas maneiras, o máximo expoñente deste xénero, vai ser moi difícil de superar... The Ring foi unha película galadornada entre outros, no festival de Sitges polo mellor director... Pero, sinceiramente, este xénero de misterio poderíase dicir, é innovador, pero os argumentos carecen, en moitas ocasións, de solidez. Cando ves outra película deste estilo, tes a sensación de habela visto... E iso frustra moito, a verdade...

 

2 comentarios

jr -

teño k pasarche a versiòn americana do 2005

Miguel -

Tamén a vin. A min pareceume moi boa, se non na realización, si no argumento. A capacidade de provocar medo sen que haxa unha pinga de sangue, nin violencia extrema; o suspense ao longo de toda a película (xa ten mérito mantelo nunha tan longa como ti dis)a fan dos mellores guións deste xénero que vin nos últimos anos. Xa poderían aprender algo os frikis que andan por aí